Versión en castellano
Guía didáctica do espectáculo
Non toques os meus círculos

Ides ver un espectáculo de teatro titulado Non toques os meus círculos.

Esas foron, según a lenda, as derradeiras palabras que o sabio Arquímedes de Siracusa pronunciou antes de morrer a mans dun lexionario romano.

Non toques os meus círculos xira arredor de Arquímedes, unha das figuras máis importantes da antigüidade. Non en van é considerado o maior científico occidental do mundo antigo, e un dos máis importantes da historia.

As súas pesquisas abrangueron as matemáticas, a física, a enxeñaría ou a astronomía. En todos estes campos atribuénselle inventos e descubrimentos transcedentais na historia da humanidade, dos que aínda hoxendía seguimos a beneficiarnos.

As súas achegas foron fundamentais para o desenvolvemento de disciplinas como a xeometría, a lóxica, o cálculo integral, a mecánica, a hidrostática, a óptica, a acústica, etc.

Malia que as persoas que fixemos este espectáculo tratamos de que resulte interesante e ameno para calquera persoa, pensamos que o coñecemento de datos e anécdotas como os que vos ofrecemos nesta guía contribuirán a que o voso desfrute da función sexa aínda maior.

  1. Vida e contexto de Arquímedes

    1. Biografía

    2. Arquímedes e Siracusa

    3. Datos históricos

  2. As achegas de Arquímedes

    1. Arquímedes matemático

    2. Arquímedes físico

    3. Arquímedes inventor

  3. O espectáculo

    1. A obra dramática

    2. A escenificación

    3. A compañía