Según a lenda, non toques os meus círculos foron as derradeiras palabras que pronunciou o sabio Arquímedes de Siracusa, antes de morrer a mans dun lexionario romano no ano 212 a. de C.
Tomas Canalejo era un científico apaixoado polo seu traballo na universidade, até que foi despedido hai poucos meses. Agora intenta reinventarse baseándose no principio do profeta: se a xente non vén a Física, a Física irá á xente.
Daquela estade alerta, porque poderedes atopalo coa súa teima en calquera palestra que se lle poña a man. Entusiasmo e ousadía non lle faltan. Mais abondaralle con iso?
Canalejo encarna unha multitude de personaxes, históricos e actuais, empregando distintas técnicas interpretativas, incluindo títeres e cancións en directo.
Espectáculo dirixido a público adulto e familiar (recomendado a partir de 11 anos).



